lunes, 23 de junio de 2014

VIAXE DE INMERSIÓN LINGÜÍSTICA A GALICIA




Poucos días despois das festas de Cacabelos os alumnos do Programa de Promoción do Idioma Galego no Bierzo viaxaron a varios puntos da xeografía galega co fin de practicar a lingua en contextos plenamente galegofalantes.
Para a organización desta excursión colaboraron a Dirección Provincial de Educación de León da Junta de Castilla y León; e a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.
A primeira parada da viaxe foi a praia das Sinas, en Vilanova de Arousa, un espazo privilexiado ao carón do mar onde pasariamos a noite.



Logo de deixar as cousas, chegou o tempo de subir de novo ao autobus e dirixirnos a Vigo, a cidade mais poboada de Galicia, onde visitariamos o fermoso Museo do Mar, que conserva a memoria pesqueira da cidade e o Verbum, o museo das palabras, un lugar onde todas as actividades xiran arredor da fermosa historia da linguaxe.




No día seguinte tivemos a oportunidade de desfrutar da histórica cidade de Compostela, meta dun camiño que tamén ten parada en Cacabelos. Ademais da catedral e a zona vella da cidade, a rapazada de Cacabelos visitou o Museo do Pobo Galego, centro no que puideron descubrir as amplias relación que as culturas galega e berciana teñen entre si.
Finalmente, antes de retornar ao Bierzo, visitou-se a moderna Cidade da Cultura, espazo cultural e arquitectónico de vangarda situado nos arrabaldes da cidade.
Viaxe a Galicia da rapazada berciana on PhotoPeach

No hay comentarios:

Publicar un comentario