jueves, 15 de enero de 2015

OS ALUMNOS DE HISTORIA REVIVIRON A BATALLA DE CACABELOS

Agora que a vila vai revivir a Batalla de Cacabelos, aproveitamos para lembrar a visita aos espazos protagonistas desta batalla da Guerra da Independencia que realizaron os alunos do Programa de Galego no pasado mes de decembro.


O percorrido lembrou os espazos onde se enfrontaron as tropas comandadas polo mariscal Colbert e o xeneral Moore nos primeiros días do mes de xaneiro de 1809. Lugares como o Campo de San Bartolo, a rúa Santa María, a ponte sobre o Río Cúa, o Castro Ventosa ou o campo do Foio foron percorridos polo alumnado de 4º de ESO.


Nesta visita aos lugares onde tivo lugar este feito histórico aproveitamos para ver algunhas das armas do período expostas no MARCA, tamén representamos teatralmente os xuízos ás indisciplinadas tropas de Moore e mesmo recitamos fragmentos do romance de María Manuela.
Non deixamos de achegarnos a espazos como as adegas ou os almacéns de gran que sufriron os saqueos das tropas inglesas na súa fuxida cara ao porto da Coruña.


A choiva aproveitou para despedir a visita. Colleunos no parque, arredor do monumento ao mariscal Colbert, militar falecido nesta batalla ao tentar atravesar a ponte sobre o Cúa.


No hay comentarios:

Publicar un comentario