A lingua materna é aquela en que os nenos aprenden a falar e a relacionarse coa súa contorna máis próxima.
A UNESCO quere impulsar o coñecemento e a práctica das linguas maternas de menos falantes tamén na escola, nos medios de comunicación, na internet... fóra dos ámbitos en que moitas delas quedan recluídas. O Día Internacional da Lingua Materna estableceuse en 1999 para sensibilizar acerca da importancia dos idiomas e da función vital que desempeñan no desenvolvemento, ao garantir a diversidade e o diálogo intercultural, así como a preservación do patrimonio cultural.
A UNESCO lémbranos que, a causa dos procesos de globalización, pesa sobre as linguas unha ameaza cada vez maior de extinguirse. Coa extinción dos idiomas mingua tamén a diversidade cultural. Pérdense posibilidades, tradicións, lembranzas, modalidades únicas de pensamento e de expresión; recursos valiosos e necesarios para lograr un futuro mellor. As sociedades multilingües e multiculturais existen a través das súas linguas, que transmiten e preservan os coñecementos e as culturas tradicionais de maneira sostible. Por iso, debemos coidar de todas as linguas
O alumnado de lingua galega do Instituto tomou conciencia acerca da importancia deste día facendo unha lectura colectiva do poema SEMPRE, do escritor Séchu Sende. Podémolo escoitar a seguir nas súas voces.
No hay comentarios:
Publicar un comentario